360

Castro de Castrolandín

A 1 Km do núcleo urbano e nunha contorna arqueolóxica e natural, Castrolandín ofrécenos unha vista panorámica de todo o val de Cuntis.

Dende aquí albíscanse os promontorios montañosos do Xiabre, o Xesteiras e o Castro Sebil. Ademais este castro é un excepcional museo ao aire libre dun poboado fortificado da Idade do Ferro. Nos meses de verán pódense observar os traballos dos arqueólogos na restauración do xacemento e ofrécense visitas guiadas. A celebración do San Xoán do castro, seguindo unha tradición singular que foi recuperada, é outro evento destácabel.

Translate »