AloxamentoCasas Rurais

CASA RURAL SUEIRO

  • Casa Rural
  • Teaño, 20 (Estacas)
  • 986 548 207 / 606 920 661
  • Número de habitacións: 10
  • Capacidade total: 19 pax
  • Casa Sueiro é unha casa do século XVIII, restaurada, que consta de tres plantas nas cales se distribúen dez dormitorios, tres zonas de estar, unha biblioteca, o comedor e a cociña. Os mobles e decoración son de estilo clásico e tradicional, utilizando en parte o mobiliario e outros elementos decorativos da antiga vivenda. Á vez buscouse que resulte cómodo e sinxelo. Cada habitación é diferente, todas con vistas exteriores. Unha das habitacións está acondicionada para persoas con discapacidade.

Rutas de sendeirismo:

Ruta de Manuel Sueiro (7 km) e Ruta dos muiños das Ribocias (12 km)

Translate »